publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dúas persoas feridas nun accidente de tráfico en Barbadás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarbadásPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Dúas persoas resultaron feridas este mércores nun accidente de tráfico rexistrado na coñecida como curva de Bentraces, no concello ourensán de Barbadás. Segundo informaron desde o Centro de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 10.30 horas deste mércores na estrada OU-540, onde chocaron frontalmente dous vehículos.

Até o lugar do suceso desprazouse unha dotación de efectivos de Protección Civil de Barbadás, que tiveron que liberar a un dos condutores, que quedara atrapado no vehículo. Así mesmo, foron mobilizados os Bombeiros de San Cibrao das Viñas, que colaboraron na excarceración, o GES de Pereiro de Aguiar, e a Garda Civil de Tráfico.

Urxencias Médicas 061 asistiu aos condutores dos dous coches, que resultaron feridos con diversos traumatismos, e trasladou a un deles en ambulancia a un centro hospitalario.

10 de febreiro de 2016 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.