publicidade hoxe

A muller asasinada en Becerreá pediu información sobre a Risga alegando que se ía a separar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, confirmou que a muller asasinada supostamente polo seu marido, co que se casou o pasado setembro, acudiu á asistente social municipal para solicitar información acerca de como cobrar a Risga dado que se ía a separar”.

“A información que teño da traballadora social é que se dirixiu a ela para tratar de arranxar o da Risga. Comunicoulle que se ía a separar e preguntoulle que trámites tiña que facer para cobrar esa axuda”, constatou Martínez.

O alcalde subliñou que a traballadora social “informouna e, segundo ela, non lle contou nada máis, nin lle falou de malos tratos, nin lle dixo que se ía a Lugo”, dixo o rexedor en referencia ao día en que foi asasinada.

Manuel Martínez asegura que os seus veciños “seguen conmocionados e sorprendidos” posto que “ninguén sospeitaba que os problemas que podían arrastrar, de tipo económico e parece que de convivencia, porqué íanse a separar, puidese levar a ese tráxico desenlace”.

17 de febreiro de 2016 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.