publicidade hoxe

Rastrexan Pantón na procura dunha muller que levaba dende verán no convento de Ferreira e desapareceu o sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPantónPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un operativo composto por efectivos da Garda Civil e do Concello de Pantón rastrexa este municipio en busca dunha muller natural de Colombia pero residente en Murcia que se aloxou dende o pasado verán no convento de Ferreira e que desapareceu o sábado.

En concreto, segundo explicou o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez-Blanco, a muller, de mediana idade, desapareceu este sábado mentres estaba a tomar algo nun bar cunha amiga, coa que se atopou na localidade e que xa coñecía pois tamén era de Murcia. Ao dar con esta persoa, había unha semana decidira mudarse a vivir con ela.

O rexedor apuntou que a muller agora desaparecida perdera recentemente o seu marido e que por iso atravesou unha depresión, motivo polo que entende que decidiu acudir a Ferreira, a pasar un tempo no albergue e “repousar”.

Agora, segundo indicou, descoñécense as causas da súa desaparición, tamén por parte da compañeira coa que vivía dende había uns días, á que a Garda Civil tomou declaración e asegurou, de acordo co relato do primeiro edil, que “estaba normal”, e que unicamente se ausentou do establecemento para chamar por teléfono dende unha cabina. Na investigación tamén se contactou coa filla da muller, en Murcia.

12 de xaneiro de 2016 | 20:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.