publicidade hoxe

O alcalde de Becerreá é expulsado de forma preventiva do PSOE

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáLocal PortadaLugoPortada dereita
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Becerreá, expulsado de forma preventiva do PSOE polas súas votacións fóra da disciplina do partido, o agora non adscrito Manuel Martínez, supeditou o seu apoio aos presupostos provinciais a que se financie e constrúa unha residencia para a terceira idade no seu concello.

Así, Martínez afeou, de novo, que siga sin “saber e sin coñecer se hai presupostos, se hai proxecto ou se hai borrador”. Ao respecto, asegurou que o único que sabe é “polos medios de comunicación”, das reunións que mantivo o goberno bipartito, de socialistas (10 deputados) e BNG (2), co PP (12). “Se chegan a un acordo son 24 contra un, que eu non podo contrarrestar”, advertiu.

Non obstante deixou claro sobre a residencia que, “se antes era unha condición sine qua non, agora o é moito máis”. “É unha demanda histórica non só para Becerreá, senón para a bisbarra dos Ancares”, aseverou.

O rexedor subliñou que levan “40 anos” con esa demanda e, por iso, e el mesmo como alcalde e deputado provincial vai utilizar calquera recurso, sexa da deputación ou da Xunta”, para que esa residencia sexa unha realidade”.

“PROPOSTAS CLARAS”

Pola súa parte, o vicevoceiro do Partido Popular, Carlos Armesto, afirmou que o seu partido puxo enriba da mesa “propostas claras para sacar adiante” as contas provinciais. “Sempre fomos a todas as reunións que se nos convocou, pero non podemos ir a unha reunión tras outra, botar horas, e de todo o falado ao día seguinte nada”, censurou.

Armesto recordou que a voceira popular, Elena Candia, púxolle ao bipartito data de caducidade” nas negociacións sobre os presupostos, que expira “este venres ás dúas de tarde”.

“O PP está disposto a traballar pero non imos permitir máis reunións con máis brinde ao sol. Necesitamos que nos presente xa un proxecto de presupostos sobre o que poder traballar”, aseverou.

28 de xaneiro de 2016 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.