publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Continúa a procura do peregrino desaparecido dende o pasado martes en Fisterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFisterraPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Efectivos de emerxencias continúan este luns por aire e terra a procura de peregrino francés desaparecido na praia de O Rostro, en Fisterra (A Coruña), desde o pasado martes. Segundo confirmaron fontes de Salvamento Marítimo, nos labores participa desde primeira hora deste luns o helicóptero Helimer 401. Así mesmo, por terra realizan os labores efectivos de Protección Civil de Fisterra.

A procura do peregrino desaparecido viuse dificultada nos últimos días polos sucesivos temporais que afectan a Galicia e polos refachos de vento, que levaron a non activar durante algunhas xornadas os efectivos por aire e por mar.

A procura realízase na contorna da praia de O Rostro, en Fisterra, o lugar onde foron localizadas sobre as 18.00 horas do pasado martes as pertenzas do peregrino francés, unha mochila con distintos obxectos e a súa documentación.

Esta praia é un lugar tradicional ao que moitos peregrinos se dirixen tras completar o Camiño de Santiago, como meta do Camiño de Fisterra-Muxía. Os efectivos de emerxencias creen que o home puido meterse no mar e ser arrastrado pola corrente.

4 de xaneiro de 2016 | 10:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.