publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un detido por apuñalar a un home en Friol que lle recriminou que collese castañas nun terreo privado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFriolLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Garda Civil detiveron un home por apuñalar outro que lle recriminou que collese castañas nun terreo privado no municipio de Friol (Lugo). Os feitos sucederon sobre as 18,30 horas do luns nun terreo na parroquia de Condes, no municipio de Friol cando o presunto agresor accedeu a un terreo do agredido a coller castañas, segundo informaron fontes consultadas.

Ao recriminarlle o agredido que era un terreo privado, o agresor, sen mediar palabra, apuñalouno, segundo relatou a propia vítima a veciños cando era trasladado.

Ao lugar dos feitos acudiron dúas ambulancias do 061, unha asistencial e outra medicalizada, que atenderon aos dous varóns. O presunto agresor, J.A.F.E., duns 43 anos, recibiu a alta no punto tras ser asistido, mentres que o agredido, A.A.B.N, duns 60 anos, foi levado ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo.

RETESÍAS

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, apuntou que os dous homes “xa tiñan vellas retesías de tempo atrás” antes desta agresión. O presunto agresor foi detido e trasladado ao Cuartel da Garda Civil de Friol, á espera de pasar a disposición xudicial.

27 de outubro de 2015 | 11:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.