publicidade hoxe

Seis pasos inferiores mellorarán a seguridade viaria no Camiño de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO PinoPalas de ReiPortada esquerda
A-
A+
Ana Pastor na presentación do proxecto de mellora

Ana Pastor na presentación do proxecto de mellora

Un total de seis pasos inferiores, cinco no municipio do Pino (A Coruña) e outro máis en Palas de Rei (Lugo), que se empezarán a construír en 2016 con cargo aos orzamentos dese ano, mellorarán a seguridade viaria no Camiño de Santiago nas interseccións da ruta xacobea coa estrada N-547 nesas dúas provincias. O orzamento para as actuacións ascende a algo máis de 2 millóns de euros.

Até un dos lugares no que se vai a levar a cabo este proxecto, e onde este ano faleceu unha peregrina atropelada, desprazouse a ministra de Fomento, Ana Pastor, quen destacou que estes pasos van permitir “as cruces dos peregrinos nas máximas condicións de seguridade”.

“Estamos a mellorar a seguridade dun camiño polo que pasan 1.500 persoas todos os días”, subliñou a ministra, antes de interromperse a si mesma, dando fe da afluencia do Camiño, para saudar cunhas “boas tardes” a uns peregrinos que pasaban polo lugar en que tivo lugar o acto.

Pastor, que este martes participou na apertura dun tramo da autovía Santiago-Lugo, que restará tráfico á N-547 como se lembrou no acto deste mércores, indicou que xa se fixeron actuacións para mellorar a sinalización.

Agora, engadiu, continúanse as accións con este seis pasos, cuxos proxectos está a ultimar o xefe da Demarcación de Estradas do Estado de Galicia. levarán a cabo, concretamente, no Burgo, Santa Irene, Empalme, Cercea, Salceda -lugares do Pino- e en Palas de Rei.

A ministra de Fomento avanzou que o ano que vén poderanse licitar e poderanse empezar a construír”. “Isto é un camiño e, por tanto, non fixemos máis que empezar”, proclamou.

SEPARAR FÍSICA DOS TRÁFICOS RODADOS

O proxecto que se redactará ten como obxectivo garantir a separación física dos tráficos rodados de peóns en condicións de seguridade, con actuacións “adaptadas á contorna e á singularidade do Camiño”.

De feito, o Ministerio de Fomento realiza un estudo sobre as zonas de confluencia e conflito dos camiños históricos coa rede de estradas, no que se enmarca a identificación das interseccións da N-547 co Camiño Francés como puntos problemáticos para a seguridade.

Á marxe desta nova actuación, adoptáronse outras medidas como a implantación de sinais de leds luminosos de advertencia de perigo de cruzamento de peóns e peregrinos, e limitouse a velocidade nos cruces do Camiño coa estrada nacional.

AGRADECEMENTOS DA XUNTA

Pola súa banda, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou que a seguridade viaria é “unha prioridade estratéxica”, posto que se trata da “vida das persoas”. Así, lembrou que a Xunta está a traballar no plan director, con 250.000 euros para 2016, para mellorar a seguridade viaria nas estradas autonómicas do Camiño de Santiago.

Ademais, a responsable de Turismo de Galicia, Nava Castro, agradeceu, do mesmo xeito que a conselleira, o “compromiso” do Ministerio de Fomento e da ministra, que “sempre está cando se lle chama”. “Sempre que se lle chama responde dunha maneira áxil”, asegurou o alto cargo da Xunta.

Nava Castro tamén lembrou que Turismo de Galicia tamén impulsa iniciativas como os chalecos reflectores, que van cubrir as mochilas, unha medida que se presentará proximamente, e que ten como fin que o viandante se vexa de lonxe para evitar calquera tipo de accidentes”.

PASEO E FOTOS

Acompañada de diversas autoridades, como a conselleira, o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e o alcalde do Pino, Manuel Taboada, entre outros; Ana Pastor percorreu un tramo do Camiño onde levará a cabo uno dos pasos para peregrinos.

Pastor, que nos últimos días mantivo unha intensa axenda en Galicia, coa inauguración dun tramo da A-54 ou o inicio da circunvalación de Pontevedra entre outros actos, tamén se deixou fotografar cuns peregrinos que facían o Camiño no momento en que presentaba as melloras de seguridade viaria.

A eles, procedentes de Pamplona e aos que felicitou pola súa “boa forma” física, explicoulles que ela mesma tamén fixera “en varias ocasións varios tramos”. Así mesmo, animoulles a completar a ruta, porque “xa queda pouco” para alcanzar a meta.

21 de outubro de 2015 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.