publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha persoa ferida grave tras saírse da vía un vehículo e caer por un barranco no Saviñao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO SaviñaoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O condutor dun turismo resultou ferido de gravidade este venres tras saírse da estrada pola que circulaba co seu vehículo no termo municipal do Saviñao (Lugo). Á súa vez, o coche incendiouse tras precipitarse por un desnivel de 300 metros. Segundo os datos facilitados polo 112, o sinistro tivo lugar sobre as 12,59 horas na estrada de Currelos a Reirís no lugar de Teibel. O condutor estaba inconsciente tendido no chan, á beira do coche.

Ao lugar foron mobilizados os Bombeiros de Chantada, a Garda Civil de Tráfico e o 061, que desprazou un médico e unha ambulancia que traslado ao ferido ao Hospital de Monforte. O equipo de bombeiros encargouse previamente de apartar ao ferido das chamas, e traballar nos labores de extinción, que finalizaron dúas horas despois tras estenderse polos arredores do vehículo.

4 de setembro de 2015 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.