publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un bombeiro ferido cando traballaba na extinción dun incencio en Sada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSadaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un efectivo do parque comarcal de Betanzos tivo que ser trasladado esta madrugada ao Hospital Modelo da Coruña tras sufrir contusións cando traballaba na extinción dun lume que se declarou na escola de vela de Sada (A Coruña). Segundo informou o 112 Galicia, unha viga precipitouse sobre a cabeza e o ombreiro do bombeiro mentres trataba de apagar o lume que afectaba a unha nave da escola de vela.

As chamas calcinaron o local e todo o material que se almacenaba no seu interior, embarcacións e material de mergullo. Polo momento descoñécense as causas que provocaron este incendio, que destruíu as instalacións.

O CAE 112 Galicia recibiu a alerta de varios particulares que vían saír fume da nave da escola de vela de Sada minutos antes das 4.00 horas desta noite. Por conseguinte, foron informados os Bombeiros de Betanzos, Protección Civil de Sada e Betanzos, Policía Local e Urxencias Médicas.

25 de setembro de 2015 | 10:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.