Falece un operario ao caer dende un edificio en obras en Oleiros
Un operario de Oleiros (A Coruña) faleceu ao caer dende unha altura nun edificio en obras, segundo informou este mércores o CAE 112 Galicia. O mozo faleceu esta mañá despois de caer dun edificio na rúa María Soliño, en Oleiros, mentres traballaba na cuberta do inmoble. O suceso produciuse sobre as 11,00 horas, ata o lugar desprazouse unha UVI móbil, así como Garda Civil e Protección Civil de Oleiros.