Falece un home en Oia que caeu ao mar cando pescaba
Un home faleceu este luns tras caer ao mar na localidade pontevedresa de Oia cando se atopaba pescando. Concretamente, o sinistro produciuse no lugar de O Porto. Segundo recolle o parte do 112, un particular avisou ao mediodía de que un home pedía axuda para sacar da auga a outra persoa que se estaba afogando.
Foron avisados os efectivos de Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, os servizos sanitarios, efectivos do GES da Garda e axentes da Garda Civil. Debido á zona onde se atopaba e aínda que estaba fóra do auga, foi necesaria a intervención dun helicóptero para recuperar á persoa. O helicóptero Pesca 1 trasladou á persoa falecida até o aeroporto de Peinador, onde unha ambulancia o esperaba.