Descobren en Foz un torpedo señuelo de adestramento de guerra antisubmarina
Un veciño da localidade lucensde de Foz entregou a axentes da Garda Civil un “torpedo señuelo de adestramento de guerra antisubmarina” que atopara nunha praia do concello. Segundo informou o Instituto Armado do municipio da Mariña, trátase dun artefacto de 91 centímetros de longo por 20 centímetros de diámetro, que non contén explosivo e é usado por “diversas mariñas de guerra para adestramento”.
O proxectil foi descrito como un artefacto do sistema EMATT americano de guerra antisubmarina. Foi achado na tarde do luns e permanece baixo custodia da Garda Civil “para o seu posterior procesamento”.