publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Roberto Traba Velay presenta en Cee a reedición de “Crónicas de Fisterra”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCeeFisterraLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Roberto Traba no seu bar "A Galería"

Roberto Traba no seu bar “A Galería”

Un sentimento profundo e tan difícil de explicar como é a Fisterranía atopa en Roberto Traba Velay ao seu máximo expoñente tras publicar o libro “Crónicas de Fisterra”, unha obra na que se recollen un total de 140 textos breves correspondentes a distintos artigos que o autor escribía semanalmente nun xornal.

Estas historias mesturan o real e o imaxinario coa retranca e a ironía propia da xente de mar. Anécdotas e impresións sobre o día a día que teñen en común o espazo no que foron escritos, un lugar cheo de inspiración, o bar de Roberto Traba, “A Galería”, no que pasan a diario numerosos peregrinos chegados de todo o mundo e que comparten neste enclave as súas anécdotas e vivencias.

Os primeiros textos teñen como protagonista a Fisterra, as súas xentes, a súa historia… para continuar con artigos que se poden extrapolar e que mostran unha visión próxima a calquera persoa que nin tan sequera coñeza Fisterra. Pero será na última parte desta obra cando nos adentremos máis na persoa, nas vivencias e anécdotas de Roberto. 

Esta combinación permite que “Crónicas de Fisterra” sexa o que o autor buscaba, un libro sinxelo de ler no que se reflexiona sobre a vida cotiá desde o punto de vista dun “tabernícola” fisterrán e no que prima a “fisterranía” que como afirma Roberto, “é un sentimento difícil de explicar… é o mar, a néboa, a imaxe dun lugar que durante anos se mantivo illado, unha personalidade propia, xente aberta e directa, mesmo salvaxe… un cúmulo de sensacións e sentimentos que comparte toda Galicia. Será por ser o fin do mundo, pero é algo especial… por iso todos os peregrinos que pasan por A Galería queren ser fisterráns”. 

cronicas-de-fisterraPresentación 

Debido ao gran éxito acadado por este libro na súa primeira edición, o autor decidiuse reeditar “Crónicas de Fisterra” que será presentado o xoves 13 de agosto na Casa do Concello de Cee. Despois de que o día previo, o 12 de agosto, Roberto Traba sexa o encargado de ofrecer o pregón da Festa da Xunqueira de Cee.

 

 

 

Entrevista a Roberto Traba Velay en www.noticieirogalego.com.

 

12 de agosto de 2015 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.