Rescatan con vida a unha muller que caeu nun pozo en Oleiros
Unha muller duns 80 anos de idade foi rescatada con vida este venres tras caer nun pozo duns oito metros de profundidade en San Pedro De Nós, concretamente no lugar de O Carballo, no municipio coruñés de Oleiros. En concreto, coa axuda dun arnés, efectivos de Protección Civil de Oleiros lograron recatar con vida á muller, que se atopaba estable e foi trasladada a un centro hospitalario polo servizo de Urxencias Médicas 061, xa que presentaba síntomas de hipotermia. Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar pouco despois das 11,00 horas e ao lugar tamén acudiron os Bombeiros de Arteixo. Ademais, foi informada dos sucedido a Garda Civil.