publicidade hoxe

Rexistran unha moción de censura contra o alcalde de Boimorto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoimortoLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

Os cinco edís do PPdeG e outro máis que agora pertence ao Grupo Mixto rexistraron unha moción de censura contra o alcalde de Boimorto (A Coruña), o nacionalista José Luís Rivas Cruz. Argumentan “inestabilidade” e lembran que o edil que foi na lista dos socialistas, José Balado Casal, nunca chegou a estar nese grupo.

“É por iso que, os aquí asinantes, propoñen a presente moción de censura, ao alcanzar o PP a maioría dos votos con cinco concelleiros e aproximadamente un 44 por cento dos votos que distan do 19 por cento obtido polo BNG”, subscriben no texto da moción de censura.

Fontes municipais consultadas apuntaron que a moción será sometida a unha “consulta xurídica” para dilucidar se se trata dun caso de transfuguismo, nese caso non sairía adiante.

31 de xullo de 2015 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.