O Valedor do Pobo pide informes aos concellos ferrolanos afectados polo corte de abastecemento de auga
O Valedor do Pobo reclaman aos cinco concellos ferrolanos afectados polo corte de subministración de auga a elaboración de informes que aclaren as “causas polas que a empresa concesionaria non detectou nin corrixiu a situación con anterioridade”, así como os mecanismos previstos para restablecer o servizo.
O alto comisionado parlamentario abriu unha queixa formal ante a situación de desabastecemento de auga potable nos concellos de Ferrol, Fene, Ares, Mugardos e Narón. Así mesmo, o Valedor remitiu escritos ás alcaldías das devanditas localidades nas que pide que “detallen as medidas provisionais” previstas polos gobernos locais.
Nunha nota de prensa, o defensor dos galegos tamén mostrou a súa preocupación pola “desprovisión de auga embotellada” nos comercios da bisbarra de Ferrol, tras o anuncio do corte de auga.
Ademais, o Valedor instou os gobernos dos concellos de Ferrolterra a que detallen de qué xeito pensan compensar os veciños polos “trastornos ocasionados” dun “servizo básico” e qué esixencias demandarán á sinatura concesionaria para “compensar os prexuízos derivados da situación”.