Imputan ao presunto autor dun incendio en Xermade que afectou a mil metros cadrados
Axentes da Policía Autonómica de Lugo imputaron a unha persoa como presunta autora dun incendio forestal no concello lucense de Xermade. O lume, rexistrado na parroquia de Cazás, afectou a mil metros cadrados de superficie rasa. A orixe, segundo explica a Xunta, foi a “neglixente realización de labores de limpeza de restos forestais”. Para a extinción deste incendio foi necesaria a intervención do persoal de extinción de incendios da Xunta. Na campaña deste ano, a Policía Autonómica detivo ou imputou un total de 21 persoas por delitos de incendios forestais.