publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ferido un home de 62 anos ao ser atropelado por un vehículo na Pontenova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PontenovaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home de 62 anos de idade resultou ferido este luns ao ser atropelado por un vehículo na N-640, á beira da Casa Consistorial de localidade lucense da Pontenova. Segundo informaron fontes do 061, o home, que responde á identidade de J.C.S.E., foi trasladado en ambulancia asistencial ao centro Nosa Señora dos Ollos Grandes.

No parte da Central de Atención ás Emerxencias 112, explícase que testemuñas que presenciaron o accidente, sobre as 11,30 horas, indicaron que a persoa se atopaba no chan tirada e “non respondía”. Foron mobilizados efectivos do 061, da Garda Civil de Tráfico e dos membros do GES da Pontenova.

20 de xullo de 2015 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.