publicidade hoxe

A xunta colabora coa Fiscalía para aclarar as responsabilidades na contaminación da auga en Ferrolterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresFeneFerrolGaliciaLocal PortadaMugardosNarón
A-
A+

A Xunta de Galicia púxose a disposición da Fiscalía de Ferrol para dirimir as responsabilidades correspondentes sobre o episodio de contaminación da auga que afectou aos concellos de Ferrol, Ares, Fene, Mugardos e Narón, despois de que nas últimas horas se lle solicitara diversa información sobre as xestións levadas a cabo en días pasados por parte do Goberno galego no ámbito das súas competencias.

O Executivo autonómico xa están a traballar, co fin de ofrecer a máxima colaboración co Ministerio Fiscal para esclarecer as actuacións desenvolvidas e determinar o grao de responsabilidade.

Con todo, a Xunta segue adiante co expediente informativo aberto para revisar os protocolos e clarexar se as decisións adoptadas pola empresa concesionaria do subministro de auga en Ferrolterra –Emafesa- foron as adecuadas, así como para garantir que non volva a producirse un fallo na cadea de responsabilidade como o acaecido.

Por outra banda, desde a Administración galega continúase coas labores para restablecer a normalidade nos concellos afectados. Así, técnicos de Augas de Galicia estiveron onte a traballar en colaboración cos responsables municipais do subministro de auga en Ares e Mugardos para revisar e controlar o adecuado funcionamento dos depósitos e das redes de abastecemento, despois da petición formulada polos alcaldes de ambos concellos á delegada territorial do Goberno galego, Belén do Campo, na última reunión mantida cos rexedores da comarca.

Ademais, hoxe coñecéronse os resultados das últimas analíticas realizadas por Sanidade, que avalan que os niveis de trihalometanos na auga continúan por debaixo dos 100 microgramos/litro nos cinco concellos, polo que se garante o subministro.

21 de xullo de 2015 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.