publicidade hoxe

Un incendio nun concesionario de vehículos obriga a desaloxar varias casas en Becerreá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press
Incendio nun concesionario de Becerreá

Incendio nun concesionario de Becerreá

Un incendio calcinou o concesionario de Renault situado na rúa Carlos III de Becerreá, en Lugo. As lapas afectaron a máis dunha decena de coches almacenados, así como á estrutura e mobiliario da nave.

A intensidade do lume e a acumulación de fume obrigaron, ademais, a desaloxar varias vivendas situadas nas inmediacións para evitar que os veciños se visen afectados, explicou o CAE 112 Galicia.

En concreto, as lapas iniciáronse pouco despois das 13,30 horas deste domingo, cando un particular informou ao 112 da presenza dunha grande cantidade de fume procedente da nave.

Polo momento descoñécense as causas que orixinaron o lume, que provocaron que se escoitasen pequenas explosións no interior da nave, posiblemente vinculadas ao combustible dos vehículos.

Nos labores de extinción participaron os bombeiros de Sarria, así como efectivos do Grupo de Emerxencias supramunicipal de Becerrerá, que evitaron que o lume afectase ás casas das inmediacións

28 de xuño de 2015 | 20:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.