Un incendio arrasa a parte superior dunha casa en Oleiros
Un incendio rexistrado na mañá deste luns arrasou a parte superior dunha vivenda onde durmían un home e a súa filla en Oleiros (A Coruña), que saíron ilesos ao espertar tras iniciarse o lume. Segundo informaron fontes do 112 e da Policía Local de Oleiros, ás 5,25 horas deste luns recibiron o aviso dun lume nunha vivenda unifamiliar situada na rúa Pascual Veiga.
Foron mobilizados os Bombeiros de Arteixo, así como efectivos de Protección Civil debido a este incendio rexistrado nunha vivenda con planta baixa e baixo cuberta, que foi o que resultou calcinado debido ao lume, segundo concretaron as mesmas fontes policiais.
No momento do incendio había dúas persoas durmindo, un home e a súa filla, que espertaron polo “estalo do incendio”, segundo precisou a Policía, e abandonaron a vivenda despois de tratar de sufocar as lapas sen conseguilo.