Un home resulta ferido ao caer por un desnivel co seu tractor en Vilanova de Arousa
Un home que manexaba un motocultor por unha leira privada no lugar de Cores, no municipio pontevedrés de Vilanova de Aroura, resultou ferido tras caer por un desnivel.
Segundo informou o CAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar pouco despois das 19,00 horas do venres e ao lugar desprazáronse os bombeiros de Ribadumia, que rescataron ao home do barranco. Unha vez fóra, o ferido foi evacuado nunha ambulancia medicalizada ao Hospital do Salnés.
Ademais dos servizos de Urxencias Médicas 061 e dos bombeiros, acudiron ao lugar voluntarios de Protección Civil e a Policía local, apuntou o CAE 112 Galicia.