publicidade hoxe

Rescatan un windsurfista que pedía auxilio en Oleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleirosPortada dereitaSucesos
A-
A+

Un widsurfista que se atopaba entre as praias de Bastiagueiro e Santa Cruz, no concello coruñés de Oleiros, tivo que ser rescatado este sábado tras pedir auxilio mentres se encontraba en apuros.

   O suceso tivo lugar minutos antes das 17.00 horas deste sábado e a Central de Atención a Emerxencias 112 tivo constancia pola alerta de Salvamento Marítimo.

   Ata o lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil, Garda Civil e Gardacostas. O home foi trasladado nunha lancha pneumática de socorrismo ata o lugar de Oza.

20 de xuño de 2015 | 15:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.