publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O PSOE propón ao alcalde da Pontenova para presidir a Deputación de Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PontenovaGaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+
Europa Press

O PSOE anunciou este mércores a proposta de Darío Campos Conde, alcalde da Pontenova, como candidato para presidir a Deputación de Lugo, unha decisión que se toma para tentar “garantir a continuidade das políticas progresistas” na institución e buscando o apoio do BNG. A decisión foi feita pública polo PSOE lucense a pouco menos de media hora de que se inicie o pleno de investidura do novo presidente da Deputación de Lugo e tras unha semana de negociacións co BNG, que se mantivo firme en non apoiar ao home proposto polos socialistas, Manuel Martínez, por estar imputado.

A pasada semana, o secretario provincial do PSOE en Lugo e primeiro nome socialista que soou como candidato, Juan Carlos González Santín, retirouse da pugna pola presidencia da Deputación en favor de Manuel Martínez, que obtivo 59 dos 96 apoios de concelleiros socialistas do partido xudicial de Lugo para desempeñar este cargo. O BNG, con todo, anunciou ese mesmo día que Martínez non obtería o seu apoio, polo que as negociacións estendéronse ata este mesmo sábado.

De feito, segundo informou o partido, a Comisión Federal de Listas do PSOE propuxo este mesmo mércores a Darío Campos Conde como candidato a presidir o organismo provincial despois de rexeitar a proposta elevada polos órganos provinciais do PSOE de Lugo.

DARÍO CAMPOS

Darío Campos Conde, nacido en 1965 na Pontenova, é, con tres maiorías absolutas consecutivas, o alcalde socialista da Mariña lucense con mellores resultados, explica o partido.

Licenciado en Veterinaria, dedícase á política desde o ano 2006 cando, tras máis dunha década na que o PSOE non tivo representación na Pontenova, decidiu afiliarse á formación socialista. Encabezou a lista do PSdeG neste municipio nas eleccións locais de 2007, nas que conseguiu a súa primeira maioría absoluta, revalidada en 2011 e 2015.

O PSOE propón o seu nome para dar “continuidade” á xestión desenvolvida durante o últimos oito anos polo socialista José Ramón Gómez Besteiro á fronte da Deputación de Lugo.

24 de xuño de 2015 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.