publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O condutor dun turismo resulta ferido grave tras chocar cun camión na AP-9 en Valga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosValga
A-
A+
Europa Press

O condutor dun turismo resultou ferido grave nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste luns ao chocar o vehículo cun camión na autoestrada AP-9 ao seu paso por Valga (Pontevedra). O sinistro tivo lugar sobre as 9,50 horas deste luns no quilómetro 98,5 da AP-9 dirección Sur ao seu paso por Valga, segundo os datos facilitados polo 112.

Foron mobilizados o 061 e os Bombeiros de Salnés, que procederon a excarcerar ao condutor do turismo, mentres que saíu ileso o chofer do camión, que transportaba betún pero a carga non se viu afectada.

O ferido, J.A.P., de 32 anos, foi evacuado en ambulancia medicalizada en estado grave ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), segundo indicaron fontes sanitarias.

15 de xuño de 2015 | 11:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.