publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Falece un home e unha muller resulta ferida de gravidade na Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Un home faleceu e unha muller resultou ferida de gravidade nun accidente de circulación ocorrido no punto quilométrico 274 da A-52, ao seu paso polo municipio pontevedrés da Cañiza. Ademais, outras dúas persoas resultaron feridas de carácter leve.

   Segundo informaron fontes do operativo de emerxencias, o accidente tivo lugar pouco despois das 11,00 horas deste domingo, cando o vehículo no que viaxaban en dirección Ourense as catro persoas saíu da vía e, tras cruzar a mediana, invadiu o carril contrario.

   Debido ao impacto, un dos ocupantes, un home de mediana idade, faleceu no punto; mentres que unha muller resultou ferida de gravidade. Ademais, os outros dous ocupantes do turismo, outro home e outra muller, resultaron feridos de carácter leve. Os feridos foron trasladados ao centro hospitalario de referencia, precisaron as mesmas fontes.

   Ao lugar desprazouse o helicóptero H4 do Servizo de Urxencias Médicas 061, tres ambulancias, axentes da Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Ponteareas, así como efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Ribadavia.

21 de xuño de 2015 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.