publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A ría de Arousa atópase case libre de toxina tras reabrir cinco polígonos de mexillón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosO GrovePontevedraPortada dereita
A-
A+
Europa Press

A ría de Arousa volve estar case ao completo libre de toxina e apta para a extracción de mexillón despois de que reabran cinco polígonos de bateas -catro deles no Grove e un en Cambados-. O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia(Intecmar) decretou nas últimas horas a reapertura de cinco polígonos de mexillón: catro no Grove (C1, C2, C3 e C4) e outro en Cambados (B), os cales se atopaban pechados desde en abril.

Deste xeito, na ría de Arousa só permanece clausurado un polígono de mexillón en Cambados C (Norte). Tamén está pechado un polígono de ostra no Grove.

Así as cousas, dos 50 polígonos de mexillón existentes en Galicia, actualmente atópanse clausurados 17, coas rías de Pontevedra, Muros-Noia, Baiona e Corme-Laxe pechadas na súa totalidade ao continuar a presenza de toxina, ademais de tres polígonos non operativos na de Vigo.

Pola súa banda, tamén se decretou que se abra un banco marisqueiro na zona IV da ría de Pontevedra para extraer moluscos infaunais, como navallas, ameixas ou berberechos.

3 de xuño de 2015 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.