publicidade hoxe

A presenza de biotoxinas obriga a pechar á extracción cinco polígonos de bateas de mexillón na ría de Arousa

Europa Press

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) decretou o peche en cinco polígonos de bateas da ría de Arousa pola presenza de biotoxinas, segundo recolle o informe do organismo correspondente a este venres. En concreto, esta xornada foron pechados os polígonos de Riveira B, A Pobra H, Cambados A1 e Cambados B e Grove C1. Esta mesma semana, desde o luns, fóronse sucedendo as prohibicións á extracción noutros seis polígonos da mesma ría, así como noutro da de Ares-Betanzos e en tres de Vigo.

Esta nova afectación da coñecida como ‘marea vermella’ prodúcese despois de que os viveiros flotantes de cultivo de mexillón da comunidade galega permanecesen sen actividade durante varias semanas, coincidindo coa floración da primavera. Con todo, a maior parte dos polígonos aínda permanecen abertos na ría de Arousa, ben ao contrario do que ocorre en Pontevedra (onde todos están pechados) e en Vigo (a maioría teñen o veto á extracción).

19 de xuño de 2015 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.