Un obreiro resulta ferido grave tras precipitarse ao chan dende a parede dun silo en Boimorto
Un obreiro resultou ferido grave na mañaa deste venres tras precipitarse ao chan dende a parede dun silo na localidade coruñesa de Boimorto. Segundo informou o 112, o equipo médico do helicóptero con base en Santiago de Compostela acudiu ao lugar de Ponte Boado, en Boimorto, para atender un operario que se precipitou ao chan dende a parede dun silo. O home estaba a reparar o depósito, segundo afirmou o particular que ás 10,20 horas informou ao CAE 112 Galicia. Por iso, foron mobilizados Urxencias Sanitarias e a Garda Civil.