publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un mozo ferido nunha saída de vía en Cee

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCeePortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home resultou ferido nun accidente de tráfico rexistrado ao saírse da vía o vehículo no que circulaba ao seu paso polo municipio coruñés de Cee. O sinistro tivo lugar sobre as 20,27 horas do luns na estrada AC-552 en Pereiriña, en Cee, segundo datos facilitados polos bombeiros da zona.

Os bombeiros, en concreto, recibiron o aviso da saída de vía e dunha vítima que podía estar atrapada, coa metade do corpo saíndo polo portelo do coche. Ao chegar ao lugar os bombeiros comprobaron que a persoa ferida estaba xa fóra do coche, no chan sobre a estrada, onde foi atendida polos servizos sanitarios.

En concreto, ao lugar o 061 desprazou un médico e unha ambulancia asistencial que levou ao ferido, un home duns 25 anos, ao Hospital Virxe da Xunqueira, segundo apuntaron fontes sanitarias.

Mentres, os bombeiros limparon os restos do sinistro da calzada tras a retirada do vehículo accidentado, concluíndo a intervención ás 21,37 horas.

5 de maio de 2015 | 10:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.