publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O PSOE de Riotorto distribúe un documento para denunciar que o PP quixo condicionar o voto a cambio de cartos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaRiotorto
A-
A+
Europa Press

O PSOE de Riotorto distribuíu entre os veciños un documento para acreditar que o PP ofreceu diñeiro ao tenente de alcalde, o socialista Pepe García, a cambio de facilitar a investidura do candidato popular e candidato neste ano, Clemente Iglesias. García xustifica que a repartición deste pasquín “porque o PP continuamente está denunciando” o seu “soldo”, malia que eles “querían mellorar a situación económica”.

A oferta consistía nun salario, un despacho e un teléfono, “que eles” le “ofrecían gratis”. Os haberes consistían nun “soldo de 1.500 euros, en 14 pagas”.

Para iso, García tería que votar a favor da investidura de Iglesias ou que se abstivese para impedir que o seu socio de goberno, o nacionalista Federico Gutiérrez Estoa, accedese á Alcaldía.

Concreta que ten este documento coa cabeceira do PP, porque no seu día, nesas eleccións de 2011, dixo que “as cousas verbais” non le “gustaban”, que “prefería que o fixesen por escrito”.

DENUNCIA DE CARRETEO

Esta acusación súmase á do “carreteo” de votos de persoas con “mobilidade reducida” que denunciou o BNG de Riotorto ante a Xunta Electoral de Zona, en Mondoñedo.

A denuncia foi arquivada, pero deixou aberta a porta a que se poidan impugnar eses votos por correo a partir do próximo domingo, actuación que xa adiantou o alcalde e candidato do BNG, Federico Gutiérrez, que haberán o mesmo día das eleccións.

22 de maio de 2015 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.