publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Imputa ao presunto autor dun incendio forestal en Meaño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeañoPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura Territorial de Pontevedra veñen de informar da imputación do presunto autor dun delito de incendio forestal no concello pontevedrés de Meaño. O pasado 18 de maio, axentes da Policía Autonómica procederon á imputación dun veciño, como presunto autor dun delito de incendio forestal na parroquia de Simes, no concello de Meaño, e que afectou a unha superficie de 7.300 metros cadrados de superficie arborada e raso. Destácase a colaboración da Brigada de Investigación de Incendios Forestais, e na extinción do mesmo foi necesaria a intervención do persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Garda de Cambados. Na campaña deste ano, a Policia Autonómica leva detidas ou imputadas un total de 15 persoas por delitos de incendios forestais

22 de maio de 2015 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.