publicidade hoxe

Unha avoa e os seus dous netos feridos tras caer ao mar o coche no que viaxaban en Vilanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosVilanova de Arousa
A-
A+
Europa Press

Unha muller de 56 anos e os seus dous netos, de 8 e 14, resultaron feridos e trasladados este luns ao Hospital de O Salnés despois de sufrir un accidente de tráfico polo cal caeron ao mar á altura da ponte de O Terrón, en Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Segundo informaron fontes da Policía Local, o sinistro produciuse sobre as 19,00 horas, cando a condutora perdeu o control do vehículo e se saíu da vía -a PO306, que une A Illa de Arousa con Vilanova- pola marxe esquerda. O coche deu unha volta de campá e caeu ao mar, segundo explican estas fontes.

A condutora, M.E.F.G., presentaba un corte profundo na fronte e tanto ela como os menores queixábanse de dores e contusións, polo que foron trasladados ao centro hospitalario de referencia.

Tamén resultou ferido un peón que transitaba o lugar e no momento da saída se vía viuse obrigado a botarse ao terraplén lateral da estrada.

Ata o lugar, ademais de efectivos da Policía Local, acudiron axentes da Garda Civil de Tráfico, dúas ambulancias e dúas grúas – unha para elevar o automóbil e a outra para sacalo do punto no que se sinestrou-.

6 de abril de 2015 | 21:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.