Un coche cae por un terraplén de 20 metros no concello lugués de Xermade
Un coche con dous mozos no seu interior caeu por un terraplén de 20 metros en Xermade (Lugo) tras sairse da vía. Con todo, os dous ocupantes lograron saír do vehículo con axuda dos veciños.
Segundo precisaron fontes do GES de Guitiriz, que acudiron ao lugar do accidente, os dous mozos foron trasladados en primeiro lugar a un ambulatorio e, posteriormente, ao hospital.
De tódolos xeitos, estas mesmas fontes explicaron que as feridas dos mozos non presentaban gravidade.
Foi un particular quen, ás 14,30 horas deste domingo, alertou ao CAE 112 Galicia, que pediu a colaboración de Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e GES de Guitiriz.