publicidade hoxe

Catro edís do BNG encabezarán a lista do PSdeG en Sobrado dos Monxes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada esquerdaSobrado
A-
A+
Europa Press

O BNG acusou o PSdeG de levar a cabo unha “operación de transfuguismo político” en Sobrado dos Monxes (A Coruña) despois de que catro edís se foran a esa formación, que agora encabezarán nas próximas municipais. Entre eles, está o voceiro do Bloque, Lisardo Santos.

A través dun comunicado, os nacionalistas “lamentan e condenan” a “operación de transfuguismo impulsada polo PSdeG de Sobrado dos Monxes a menos de 24 horas do peche das candidaturas”.

“Unha actuación eticamente reprobable coa que a formación que lidera José Ramón Gómez Besteiro pretende esconder a súa falta de implantación política nese concello coruñés”, sinala o BNG.

A dirección nacionalista considera esta actuación “un retrato perfecto da vella política que comparten PP e PSOE, nas antípodas do que demanda a cidadanía”.

Así, o BNG, que presentará lista propia, mostra o seu “convencemento” de que os veciños de Sobrado “van censurar o comportamento” do PSOE nas urnas “por pretender suplantar con oportunismo electoral a súa falta de representación en Sobrado dos Monxes”. Os catro edís ata agora do Bloque encabezarán a lista do PSdeG.

“Malia esta manobra de transfuguismo político de último minuto, o BNG presentará candidatura aos comicios do 24 de maio”, confirmou, en todo caso, a executiva nacionalista.

DIFERENZA DE TRANSFUGUISMO

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, avalou esta decisión e reiterou que “caso distinto sería se este traspaso se producise unha vez celebradas as eleccións e unha vez teña tomada posesión a corporación”.

Así, cualificou esta acción como dun “movemento normal e coñecido previamente polos cidadáns” e instou estes últimos a “decidir”, o día das eleccións, “se este cambio lles parece ben ou mal, pero se verá”.

20 de abril de 2015 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.