Un operario falece tras sufrir un accidente cunha máquina en Tordoia
Un home de 52 anos faleceu tras sufrir un accidente nunha fábrica no municipio de Tordoia (A Coruña) cando manipulaba unha máquina de cortar mármore. Segundo informou o 112, os feitos sucederon pasadas as 19,00 horas do mércores nunha fábrica situada no lugar de Pontepedra, na localidade de Tordoia.
O traballador, segundo indicaron os servizos sanitarios de urxencia ao CAE 112 Galicia, manipulaba unha máquina de cortar mármores no momento de producirse o accidente. O 112 Galicia solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil. En concreto, segundo sinalaron fontes sanitarias, o 061 desprazou unha ambulancia e un médico que confirmou o falecemento no lugar dun home de 52 anos.