publicidade hoxe

Imputan ao autor confeso de dous incendios forestais en Fisterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFisterraPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica de Santiago veñen de informar da imputación dun home que confesou a autoría de dous incendios forestais en Fisterra (A Coruña). Nesta actuación, os axentes autonómicos contaron coa colaboración do persoal do Distrito V-Vimianzo.

O lumes que se lle imputan tiveron lugar nas parroquias de Duio e Sardiñeiro, en Fisterra, os días 6 e 7 deste mes e afectaron a unha superficie de 8.700 metros cadrados de monte raso entre ambos. É de destacar que as lapas non se propagaron máis grazas á rápida intervención dos servizos de extinción de incendios da Xunta.

O imputado, que foi visto nas inmediacións de ambos lumes por varias testemuñas, recoñeceu a súa autoría e que prendeu as lapas coa axuda dun chisqueiro. As dilixencias foron trasladadas ao Xulgado de Instrución de garda de Corcubión. No que vai de ano foron 5 as persoas imputadas por delitos relacionados con incendios forestais.

17 de marzo de 2015 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.