publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ferido un home tras chocar o seu turismo contra unha furgoneta no concello ourensán de Toén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurensePortada dereitaSucesosToén
A-
A+

Un home resultou ferido nunha colisión entre un turismo e unha furgoneta na parroquia de Mugares, no municipio ourensán de Toén. O ferido quedo atrapado por unha perna e tivo que ser excarcerado.

   Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar pasadas as 19,30 horas do xoves e ao lugar trasladáronse efectivos do GES de Ribadavia, Protección Civil de Barbadás, os Bombeiros de Ourense, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de Urxencias Médicas 061.

   Precisamente, tras ser excarcerado polo GES de Ribadavia, o home foi trasladado ao centro hospitalario de referencia polos servizos de Urxencias Médicas 061.

ACCIDENTE EN CHANTADA (LUGO)

   Doutra banda, unha persoa tivo que ser rescatada do seu vehículo tras envorcar este debido a un accidente cando circulaba pola estrada que une os lugares de Santa Eugenia e Villardamos, en Chantada (Lugo).

   Un particular alertou ao CAE 112 Galicia ás 23,40 horas do xoves. Tras iso, os efectivos de Protección Civil de Chantada, Garda Civil de Tráfico e Urxencias Médicas foron avisados polo 112 Galicia.

20 de marzo de 2015 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.