publicidade hoxe

Falece unha muller de 71 anos en Santa Comba vítima dun atropelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSanta CombaSucesos
A-
A+

Unha muller de 71 anos faleceu este sábado no municipio coruñés de Santa Comba vítima dun atropelo, segundo confirmou a Policía Local e Protección Civil.

   En concreto, como explicaron as mesmas fontes, o sinistro tivo lugar poucos minutos antes das 10,00 horas na estrada de Muxía, no lugar de Castiñeira.

   Segundo apuntou Protección Civil, o causante deste sinistro foi un vehículo de mensaxería que, por circunstancias aínda descoñecidas, arrastrou a septuaxenaria que camiñaba pola beiravía. O falecemento desta veciña de Santa Comba confirmouse oficialmente pasadas as 11,45 horas.

7 de marzo de 2015 | 14:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.