publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Evacuado en helicóptero tras caer dende o alto dun muro en Mazaricos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMazaricosPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un veciño do lugar de Atán, en Mazaricos (A Coruña), foi evacuado na tarde deste martes polo helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela debido ás feridas provocadas por unha caída no seu domicilio. O CAE 112 informou de que os servizos sanitarios de urxencia explicaron que o ferido se precipitou dende o alto dun muro.

Unha vez recibida a alerta ás 17,10 horas, o persoal do CAE 112 solicitou a intervención da Garda Civil e do GES de Muros. Urxencias Médicas xa tiña constancia do suceso.

Outra persoa, en Santa Comba, tivo un accidente cunha máquina coa que estaba a traballar no lugar de Castriz. Igualmente, a importancia das súas lesións motivou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago, aínda que finalmente o paciente puido ser trasladado en ambulancia. Este accidentes produciuse sobre as 17,00 horas.

10 de marzo de 2015 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.