publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Detido un veciño de Fisterra ao que lle incautaron 240 doses de hachix

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFisterraPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Garda Civil de Corcubión (A Coruña) detiveron na tarde deste venres a un veciño de 37 anos da localidade coruñesa de Fisterra como suposto autor dun delito de tráfico de drogas tras incautarlle 240 doses de hachix.

   Pero ademais das 240 doses de hachix, nun rexistro realizado no domicilio do detido, incautouse unha báscula de precisión, varios teléfonos móbiles e diñeiro en efectivo, segundo precisou a Garda Civil nun comunicado.

   Deste modo, os encargados da investigación dan por desarticulado un punto de venda de droga, destinado a novos da zona. Pola súa banda, o detido atópase a disposición do Xulgado de Instrución Número 2 de Corcubión.

7 de marzo de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.