publicidade hoxe

Delagro inaugura o maior complexo de produción e distribución de fertilizantes do noroeste de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
Consello Reitor de Delagro

Consello Reitor de Delagro

Unhas 200 persoas, entre representantes do mundo cooperativo, empresarial e sindical asistiron hoxe á inauguración do Complexo Multidisciplinar de Delagro dedicado á fabricación e distribución de fertilizantes.

As instalacións supuxeron un investimento de 5,8 millóns de euros. A súa capacidade operativa anual superará as 50.000 toneladas de fertilizantes e constituirán un importante dinamizador da economía local coa xeración de ao redor de 60 novos postos de traballo, entre directos e indirectos.

Javier Taboada, presidente do Consello Reitor de Delagro, mostrouse satisfeito de ver cumprida “unha antiga aspiración dos socios que, xa desde 1987, comezaron a barallar a idea de levantar unha fábrica propia que outorgase maior independencia a Delagro e ás súas entidades socias, na súa maioría, cooperativas agrarias”. Neste sentido, sinalou Taboada, “trátase dun gran éxito da economía cooperativa, xa que unir as nosas forzas deunos a posibilidade de competir e propornos metas máis ambiciosas, que de maneira individual serían inalcanzables”.

O complexo industrial de fertilizantes ocupa un espazo total de 36.000m2 e está integrado por un edificio de produción e outro de loxística. O primeiro alberga unha nave industrial de máis de 6.000 mdividida en dúas zonas: unha de almacenamento de produtos e materias primas, e outra para o mesturado e envasado dos fertilizantes. O edificio de loxística, pola súa banda, consta dunha nave de 3.300 m2 destinada a almacenaxe de produto finalizado e outras mercadorías complementarias.

No seu deseño participaron expertos da industria tales como un equipo de enxeñeiros de Yara, o maior fabricante de fertilizantes a nivel mundial, que analizaron fábricas de España e do sur de Europa co obxectivo de identificar as tecnoloxías e procesos máis eficientes.

25 de marzo de 2015 | 16:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.