Un operario falece tras caer dun tellado na Baña
Un operario faleceu este mércores nun accidente rexistrado ao caer dun tellado dende uns tres metros de altura no municipio da Baña (A Coruña). Os feitos tiveron lugar sobre as 12,40 horas deste mércores no lugar de Campelo, no municipio da Baña, segundo os datos facilitados polo 112. O alertante indicou que o varón presentaba un golpe importante na cabeza.
A importancia das lesións motivou o desprazamento do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Tamén o 061 desprazou un médico e dúas ambulancias asistenciais.
O equipo médico, segundo sinalaron fontes sanitarias, practicou as manobras de reanimación no lugar ao home, que finalmente faleceu no lugar, M.S.P., duns 58 anos de idade.