publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un menor resulta ferido ao ser atropelado en Barbadás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarbadásPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un menor de idade resultou ferido tras ser atropelado na mañá deste xoves por un turismo no termo municipal de Barbadás (Ourense). Segundo os datos facilitados polo 112, o atropelo tivo lugar sobre as 8,00 horas deste xoves na Avenida de Celanova, na localidade de Barbadás. Tras unha primeira valoración no lugar do accidente, o menor foi evacuado ao centro médico de referencia da zona por unha ambulancia de Urxencias Sanitarias.

Foron varios particulares os que contactaron co CAE 112 Galicia para pedir axuda urxente por este accidente, polo que o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu, de inmediato, asistencia sanitaria, así como a presenza de efectivos da Policía Local e Guardia Civil de Tráfico. Tamén se informou o GES de Pereiro de Aguiar e Protección Civil de Barbadás.

19 de febreiro de 2015 | 10:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.