Un home grave tras ser golpeado na cabeza por unha árbore en Nogueira de Ramuín
Un operario duns 42 anos de idade foi evacuado este martes en helicóptero en estado grave tras ser golpeado por unha árbore cando se atopaba traballando ao pé dunha estrada no municipio de Nogueira de Ramuín (Ourense).
Segundo informou o 112, foi un particular o que ás 12,36 horas pedía axuda por un traballador inconsciente tras ser golpeado na cabeza pola rama dunha árbore.
O ferido, segundo indican as mesmas fontes, atopábase traballando ao pé da estrada que enlaza Nogueira de Ramuín con Pobra de Trives, no lugar coñecido como Espartedo.
O estado do traballador motivou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense, que tomou terra no lugar do accidente. Ademais, o 061 desprazou dúas ambulancias e un médico de Atención Primaria.
Fontes sanitarias confirmaron que o home, duns 42 anos de idade, foi evacuado no helicóptero medicalizado a un centro hospitalario. Ademais, o CAE 112 Galicia solicitou a intervención da Garda Civil e do GES de Pereiro de Aguiar.