publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home de 74 anos falece nunha colisión entre dous vehículos en Oia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOiaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home de 74 anos, D.M.R. faleceu na tarde deste venres en Oia (Pontevedra) nunha colisión entre dous vehículos producida arredor das 17,30 horas. Diso informou a Central de Coordinación do 061, que apunta que no accidente resultou ferida a muller do falecido, D.G.C., de 65 anos, que se trasladou ao Hospital Meixoeiro.

O choque produciuse na estrada que une A Garda con Oia á altura da recta de San Xián. Ata o lugar desprazáronse dúas ambulancias asistenciais, así como persoal sanitario do PAC da Garda, pero o home faleceu no lugar do accidente.

20 de febreiro de 2015 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.