publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A primeira produción a gran escala de arandos en Galicia ponse en marcha en Cerdido

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCerdidoLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Rosa Quintana na visita á plantación

Rosa Quintana na visita á plantación

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou esta mañá a plantación de arandos que ten a empresa Horticina en Cerdido. Trátase da primeira produción a gran escala deste froito en Galicia e única con semellante envergadura no norte de España.

Rosa Quintana coñeceu de primeira man o traballo desenvolvido nestas instalacións, que contaron cunha axuda da Consellería de 250.000 euros a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). A conselleira destacou o impacto social que tivo na comarca, coa creación de postos de traballo -fixos 20 e temporais 750- e o fluxo económico que supuxo. Así mesmo felicitou aos propietarios polo peso que están tendo a nivel nacional, xa que proximamente abrirán unha nova empresa en colaboración con Hortifrut.

A plantación de arandos ten unha superficie neta de cultivo de 72 hectáreas, con 282.527 arbustos plantados. A colleita mínima prevista tras 5 anos de crecemento é de 1.000 toneladas, unhas cifras que se verán en aumento xa que está prevista unha ampliación do terreo cultivado.

Horticina S.A.

A empresa Horticina fundouse no ano 2001 co fin de producir flor de camelia, principalmente en maceta para un mercado maiorista. No ano 2009, o furacán Klaus varreu a finca, descargando auga salgada sobre as macetas que se encontraban ao aire libre e destruíndo máis de 260.000 plantas. Tras comprobar os danos, Horticina decidiu darlle un novo rumbo á empresa e optou polo cultivo de arandos.

12 de febreiro de 2015 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.