Xuventude convoca un curso de formación de mediadores xuvenís
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca un curso de Formación de mediadores/as xuvenís en promoción de hábitos e estilos de vida saudable, a través do Centro Coordinador de Información Xuvenil dentro da súa oferta formativa para a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, no ano 2015.
Destinatarios/as:
Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mocidade de 18 a 30 anos en posesión do carné xove.
Número de horas: 60 horas (40 presenciais- 20 a distancia).
Número de prazas: 25 prazas.
Contidos:
1. Conceptos básicos de saúde, promoción da saúde, hábitos de vida saudable
2. Aspectos bio-psico-sociais para a comprensión das drogodependencias.
3. Conceptos básicos en sexualidade: sexo, erótica, identidade, orientación, etc. Mitos e estereotipos. Reproducción, anticoncepción, prevención de ITSs
4. Estilos de vida saudable, autoconcepto, autoestima, alimentación
5. Mediación xuvenil en saúde: axentes sociais que actúan.
6. Metodoloxía para a intervención mediadora en saúde
Modalidade: Semipresencial.
Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil en Santiago de Compostela.
Data de inscrición: do 23 de xaneiro ao 9 de febrero de 2015
Data prevista de realización: do 18 de febrero ao 17 de abril.
Sesións presenciais: 18, 25 de febreiro e 4, 11, 18 de marzo, en horario de mañán e tarde.
Procedemento de inscrición.
A solicitude dos cursos efectuarase unicamente por vía telemática mediante o formulario de inscrición habilitado nesta páxina, calquera solicitude que non se faga deste xeito considerarase desestimada.
Os solicitantes poderán ser requiridos para presentar documentación complementaria a efectos de xustificar circunstancias específicas a efectos de selección.
As comunicacións sobre admisión, así como calquera outra información relativa aos cursos, serán enviadas por correo electrónico e, no seu caso, por SMS. As persoas solicitantes deberán dispoñer dunha conta de correo electrónico especificada na solicitude.
Criterios de selección.
A admisión aos cursos virá dada pola orde de presentación das solicitudes de inscrición e coas prioridades que a continuación se especifican:
1º: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil.
2º: Mocidade de 18 a 30 en posesión do Carné Xove.
3º: Resto dos solicitantes.
Participación nas actividades formativas.
Durante a realización das actividades formativas levarase un control de asistencia nás sesións presenciais dos cursos.
É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións presenciais dos cursos. A ausencia aínda xustificada superior ao 10% do total das horas lectivas suporá a perda do dereito á expedición do diploma.
Outorgaráselle certificado de aproveitamento ao alumnado que participe nos cursos e requirirá como mínimo cumprir control de asistencia establecido na actividade, e superar o sistema de avaliación establecido para cada actividade.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado resérvase o dereito a suspender ou cancelar calquera dos cursos no suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50% das prazas convocadas.