Traballo convoca axudas para o fomento do emprego na mocidade
A Consellería de Traballo convoca axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil
Beneficiarias da subvención: entidades promotoras
Os proxectos que se financien ao abeiro desta convocatoria poden ser promovidos por:
a) As entidades locais ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha Administración local cuxa titularidade corresponda integramente a esta.
b) Os consorcios locais
Persoas beneficiarias participantes:
Poderán ser persoas beneficiarias participantes deste programa aquelas mozas e mozos desempregados, de dezaoito ou máis anos e menores de vinte e cinco, ou menores de trinta no caso de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, que estean inscritos no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos:
a) Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
b) No ter recibido accións educativas que sumen máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
c) Non ter recibido accións formativas que sumen máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR353B
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas estará aberto ata o 28 de febreiro de 2015.
Máis información no DOG do 27 de xaneiro de 2015