publicidade hoxe

Teresa Romero comezará a doar plasma para investigar e tratar de obter soro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreáLocal PortadaLugoPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

Teresa Romero, a auxiliar de Enfermaría que superou o ébola, comezará en breve a doar plasma de forma voluntaria para tratar de procesar soro que sirva para tratar outros enfermos e investigar para obter unha cura do virus, informaron fontes próximas a Romero.

Así o fará en breve tras aceptar unha petición do Hospital Carlos III de Madrid, co que se terían posto en contacto os gobernos de varios países europeos para obter un tratamento.

Para a doazón do plasma, Romero conectarase a un separador celular, baseado nun sistema de centrífuga, que separa as diferentes células sanguíneas e recolle o plasma.

A auxiliar de Enfermaría xa adiantou ao saír do hospital a súa intención de doar sangue para obter soro inmunolóxico. “Se co meu sangue se pode curar, aquí estou para quedar seca”, manifestou entón, recalcado que esperaba que o seu contaxio tivese servido de “algo” en prol de que se puidese investigar a enfermidade.

Tras case dous meses dende entón, Teresa segue de baixa con motivo das secuelas que lle deixou a enfermidade. Unha vez que se encontre ben, volverá á súa praza de interina no Carlos III.

19 de xaneiro de 2015 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.